Site icon Crónica3.com A Mariña

Óscar Rodríguez pide o voto para que Viveiro saia da situación de letargo na que se atopa

 Viveiro 19-5-19. O candidato do PP á Alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez, difunde un vídeo de campaña no que se presenta aos veciños e veciñas e no que asegura que Viveiro “necesita saír da situación de letargo na que se atopa”.

No audiovisual o cabeza de lista fai un repaso polas potencialidades da cidade: a cultura, as tradicións, as festas, a gastronomía, o patrimonio, a música ou o deporte, entre outras.

Rodríguez explica que Viveiro “precisa estar vivo e saber a onde vai, precisa un futuro, precisa xestión, traballo, precisa infraestruturas, coidar aos maiores e aos nenos. Por iso precisa un programa comprometido”, apunta.

“Porque Viveiro es ti, Viveiro son eu e Viveiro somos todos, Vota PP”, conclúe.

O vídeo foi difundido hoxe a través das redes sociais Facebook, Twitter e Instagram para chegar a un maior número de veciños e veciñas. Nos vindeiros días distrubuiranse novas pezas nas que os membros da súa candidatura expoñen os principais puntos do programa electoral dos populares.

Enlace ao vídeo:
https://www.youtube.com/watch?v=B_dwXBWe53Y&feature=youtu.be

Exit mobile version