
Viveiro 3-5-19. Este disco libro sitúase e inspírase no territorio Eo-Navia no Occidente asturiano, lugar onde moran os habitantes da Comuna del Barruzo e os seres que a protexen. O disco libro consta de 10 cancións escritas en galegoasturiano, unhas de poetas da zona como Héctor Acebo, Quique Roxíos, Belén Rico e Arturo Alvarez e as outra son do bretón amigo da Comuna Nicolás Kervazo, de Ugia Pedreira e Pierrot Rougier, estes últimos cantores e compositores das músicas. Unha obra concebida entre as cosmovisións de bretons, galegas e astures. É a COMUNA DEL BARRUZO unha oda á ruralidade como fonte auténtica fonte de recursos para a supervivencia, unha alabanza á natureza e polo tanto o seu máximo respeto e coidado, unha apoloxía dos contrastes e diferencias. É a confirmación da riqueza de imaxinario, hipoteses, patrimonio material e inmaterial que xera unha zona de tránsito, de fronteira como o territorio entre estos dous rios, Eo-Navia. Este libro disco aporta un traballo de alta calidade para abrir unidades didácticas pedagoxicas no ensino do galego-asturiano e para constatar a importancia que ten a Arte achegada ao territorio como columna vertebral duma comunidade que se respeta, que se coida e se desenvolve nel.
Cada cantiga vai identificada con un Ser Máxico que protexe a quen mora na Comuna del Barruzo e son responsabeis de manter unha serie de valores necesarios para a boa convivencia.
A cita é o luns 6 ás 19:30 horas no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro.