“Galicia é un referente mundial en pesca e acuicultura, é tamén a potencia pesqueira de referencia e precisa que os socios europeos coñezan o sector para tomar posicións relativas o Brexit e á política pesqueira común” dixo o candidato galego pola Coalición para unha Europa Solidaria (CEUS) nas vindeiras eleccións europeas.
Nese marco, Compromiso por Galicia en colaboración co Partido Demócrata Europeo e o Instituto Demócrata Europeo organizará no segundo semestre de 2019 unha conferencia de pesca. “Contaremos con varios europarlamentarios de países como Portugal, Eslovenia, Francia, Bélxica, Alemaña, e os propios de CEUS, para falar directamente co sector en Galicia, e así poder influír nas decisións europeas. É prioritario que o sector pesqueiro e acuícola galego estea presente na toma decisións, para o seu propio beneficio”, advertiu Piñeiro Docampo.
Reunido co sector en EXPOMAR o Secretario Xeral do galeguistas e candidato, dixo que posiblemente esas importantes xornadas se podan facer na Mariña, entre Burela e Viveiro, onde CxG aspira a ter representación e ser decisivo na configuración dos gobernos.