Site icon Crónica3.com A Mariña

Piñeiro Docampo responde a Javier Nart que CxG presentou co apoio do PNV máis de 85 iniciativas sobre Galicia no parlamento europeo

Compostela 14-5-18. O Secrerario Xeral e candidato ás eleccións europeas por Compromiso Por Galicia, Piñeiro Docampo, advirte a raíz das desafortunadas declaracións de Javier Nart na súa visita á nosa comunidade que desde CxG “Queremos aclararlle ao destacado membro de Ciudadanos que non precisamos que ninguén nos veña a ensinar a votar, que sabemos facelo moi ben xa desde a época da transición, como demostramos votando polo estatuto de autodeterminación de Galicia”.
“Nun afán irrespectuoso de paternalismo sen xeito, os de Ciudadanos veñen coma sempre a Galicia a dicirnos o que temos que facer, como tamén nos dixeron no seu momento que non falaramos o noso idioma. Quizais o que non entenden Ciudadanos é que existen as coalicións como método de traballo entre partidos democráticos, xa que eles son máis de facer pactos en despachos, como fan en Andalucía con Vox”, manifesta Piñeiro.
CxG e Eaj-PNV levan xa máis de cinco anos colaborando de xeito continuo en Europa para beneficio de todos os galegos e galegas. O candidato de Compromiso Por Galicia aclara que “Evidentemente cando se vota por unha coalición, todo o mundo sabe que se vota por todos os compoñentes do pacto. O que está claro é que Compromiso Por Galicia pode acadar un eurodiputado e Ciudadanos Galicia non. Pode que por iso estean nerviosos”. A europarlamentaria do PNV IzasKun Bilbao Barandica presentou ao longo desta lexislatura máis de 85 iniciativas sobre Galicia, cando Javier Nart non foi quen de presentar unha soa. “Estou seguro de que os galegos e galegas saberán tomar nota destas afirmacións, e votarán con total madurez polos intereses da nosa terra”, conclúe o número tres por CEUS ao parlamento europeo.

Exit mobile version