Site icon Crónica3.com A Mariña

Piñeiro Docampo, Secretario Xeral de Compromiso Por Galicia e candidato ás europeas: “Non existen mellores compañeiros de viaxe ca EAJ-PNV para potenciar as políticas galeguistas en Europa”

 Compostela 8-5-19. O Secretario Xeral de CxG e candidato nas vindeiras eleccións europeas, Piñeiro Docampo, asistiu en Bilbao á presentación da Coalición CEUS (Coalición por una Europa Solidaria) , coa que o partido galeguista se presenta á convocatoria en alianza con EAJ-PNV, Geroa Ba i, Coalición Canaria, Proposta Per Les Illes e Demòcrates Valencians. Piñeiro Docampo declarou en Euskadi que buscará “basearnos nas excelentes alianzas que ten Compromiso por Galicia para apoiar aos sectores clave da economía galega en Bruxelas, do mesmo xeito que faremos todo o posible para defender os valores da democracia, e os dereitos sociais, con políticas de proximidade”.
En Bilbao, o Secretario Xeral e candidato reafirmouse no compromiso de CxG “cos dereitos sociais e as políticas de potenciación da industria, para que non volvan a darse situacións coma a de Alcoa que poñan en risco a industria no País”, ademais dunha aposta sen fisuras “por unha Galicia plenamente integrada na Europa dos pobos” como defende o partido galeguista desde os seus inicios. “Galicia xógase o seu futuro nestas eleccións. Non existen mellores compañeiros de viaxe no parlamento europeo que os nosos socios de EAJ-PNV, con Izaskun Bilbao Barandica á cabeza, porque levan anos demostrando que sempre están ao noso lado para apoiarnos na defensa dos intereses dos galegos e das galegas”.

Exit mobile version