Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro celebrou este Xoves o acto central da campaña

Presenteou a lista coa que concorren as eleccións municipais e ao candidato a alcaldía Bernardo Fraga así como as propostas do seu programa nas que destacan : a semipeatonalización da travesía da Mariña, creación do carril bici, posta en marcha da casa da Cultura e Xuventude e a creación dun foro económico multisectorial , para analizar e impulsar medidas para dinamizar a economía de Viveiro e captación de novas empresas, entre outras. En palabras de Fraga “Queremos un Viveiro , activo, moderno e dinámico , da xente e para a xente, sacalo de este estancamento e parálise, volvendo a ser un Viveiro referente na Mariña”.

Exit mobile version