
Bernardo Fraga e Manolo Galdo reuníronse coas asociacións deportivas de Viveiro para escoitar as súas propostas e inquedanzas e expoñer o seu programa. En palabras de Fraga: “para nós o deporte é unha prioridade, é un piar fundamental no noso modelo de cidade. Por iso queremos potenciar a interacción entre as asociacións e o Concello, para dar unha mellor resposta as súas necesidades”