
As internacionais Luci e Peque xa forman parte da concentración da Selección Española, que ultima a preparación para o Torneo Internacional 9 de Maio de Moscova (6-9 de maio) na Cidade do Fútbol de Las Rozas. O domingo, a Vermella porá rumbo á cita na que tamén participará outra burelista, Jenny, con Portugal, xunto aos combinados de Rusia e Irán. A lusa incorporarase á súa expedición este sábado en Lisboa.