Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación da candidatura de Udival

O Valadouro 4-5-19. Despois  de catro anos de “descanso fortuito”, UDIVAL volve ó panorama político de O Valadouro con un equipo formado por veciñas e veciños deste Val cheos de ilusións e ideas. Un grupo heteroxéneo, feito que o enriquece pois, a diferencia do que sucede nos partidos nos que a ideoloxía común é a súa base da súa formación, nós temos diversas ideas  políticas e o que nos une é o obxetivo de mellorar a calidade de vida do noso pobo.

Nun grupo independente as ambicións persoais deixanse a un lado, pois indo neste tipo de formaciónsnon se pode lograr nada para nós mesmos porque non existe un partido que nos poida “compensar” pola nosa laboura. A única compensación que ambicionamos,e coa nosa postura queda ben claro, é a do traballo ben feito e o recoñecemento dese traballo por parte dos nosos veciños.

No período anterior quedaron obxetivos por cumplir que agora están acompañados de proxectos novos polo que esperamos que os nosos conveciños reciban o noso regreso con gañas e ilusión.

Exit mobile version