A primeira actuación que se vai levar a cabo para darlle difusión a esta ruta será o vindeiro domingo 19 de maio, cando se realizará unha camiñada para percorrer este tramo do Camiño ao seu paso polo municipio.
A segunda actuación será realizar distintos tramos do Camiño de Santiago desde Pedrafita ata Santiago. Xa están concretadas algunhas das datas que aquí vos avanzamos.
AS ETAPAS DO PROGRAMA CERVO NO CAMIÑO
ETAPA 0: SARGADELOS – SAN CIPRIÁN (19-05, 7km)
ETAPA 1: O CEBREIRO- TRIACASTELA (02-06, 21,1km)
ETAPA 2: TRIACASTELA- SARRIA (09-06, 18,3 Km)
ETAPA 3: SARRIA- PORTOMARÍN (16-06, 25 km)
DESPOIS DO VERÁN: (DATAS A CONCRETAR)
ETAPA 4: PORTOMARÍN – PALAS DE REI 25 km
ETAPA 5: PALAS DE REI- FRAGA ALTA 22 km
ETAPA 6: FRAGA ALTA- ARZÚA – A BREA 20 km
ETAPA 7: A BREA – O PEDROUZO -SAN MARCOS 21 km
ETAPA 8: SAN MARCOS – SANTIAGO 5.7 km
As persoas interesadas en participar nesta primeiro roteiro do 19 de maio poden inscribirse ata o día 15 deste mes na Casa da Cultura (982 59 51 57), no Concello, ou a través da dirección casadacultura@concellodecervo.com.
Haberá servizo de autobús para a ida e a volta.
Tamén se poden anotar agora para realizar as demais rutas.
De todos os xeitos, ata o mércores anterior á data marcada para cada roteiro poden inscribirse e participar.