Site icon Crónica3.com A Mariña

Reto copeiro en Cádiz

 Burela 31-5-19. O periplo de Copa de España Xuvenil arrinca mañá para o Pescados Rubén Burela FS na primeira eliminatoria. O conxunto de Christian Fustes e Mario Pillado xa está en terras gaditanas para medirse ao Géminis (18.15 horas, polideportivo Centro Histórico).

“Rematamos ben a tempada, coma un dos mellores segundos da categoría e o equipo está moi concentrado e ilusionado nesta pechadura de tempada. No final de liga estivemos ben e conseguimos o segundo posto de forma moi sólida, o que nos xera moita confianza de cara a esta eliminatoria” explicaba Fustes, encomiando ao rival, campión do seu grupo: “Sabemos que é unha das canteiras que sempre saca bos xogadores, algún deles competindo ao máis alto nivel en equipos importantes de 1ª división, e que se deberían basear niso, a calidade individual dos seus rapaces”.

A expedición laranxa está composta por: Adilson Varela Semedo, Domingos Xabier Pinto Gomes, Bruno García Cadaveira, Aarón Artime Hernández, Heurickson Gomes Varela, Renato Rodrigues Monteiro, José Luis Vázquez García, Hugo Manín Parga, Gustavo Henrique Marchesan, David Méndez Yáñez, Antonio Baltar Pernas, Jorge Quelle Gómez e Jocel de Brito Semedo.

Exit mobile version