Rivera Capón sinalou que “arranca unha nova edición do Desafío Volta a Lugo, que ao longo desta fin de semana recorrerá a nosa Provincia. Tratase dunha proba xa asentada na que cada ano participan máis ciclistas. Ademais hoxe contamos coa presenza do humorista David Amor, que participará na primeira etapa. Unha cita clave para dar a coñecer Lugo como destino do turismo activo e deportivo”.
O Desafío constará de 3 etapas, un total de 265 quilómetros, cun desnivel acumulado total de 4.900 metros. A carreira percorrerá os concellos de Lugo, Castro de Rei, Pol, Ribeira de Piquín, Pontenova, Lourenzá, Riotorto, A Fonsagrada, Baleira, Baralla, Láncara e O Corgo. A primeira etapa partirá de Lugo terá 86,1 quilómetros, con meta na Pontenova, de onde partirá tamén a segunda etapa e percorrerá 92,7 quilómetros ata chegar A Fonsagrada. A derradeira etapa rematará outra vez en Lugo, nunha xornada de 85,8 quilómetros.