Site icon Crónica3.com A Mariña

Según Moñita “sáelles máis barato @s nos@s moz@s facer botellón que ir a xogar a un pavillón en Burela”

 Burela 15-5-19. Non é normal que ás nosas rapazas e aos nosos rapaces lles saia mais barato xuntarse para facer un botellón que xuntarse en Burela para facer deporte nun Pavillón.
O Concello ten que educar xunto aos país e de ningunha maneira pode resultar mais caro para un grupo de amigos alugar un pavillón por unha hora ca facer un botellón en calquer lado.
De todos é sabido que hai unha clara falta de oferta de pistas para practicar deporte en Burela, grave problema que a dupla Barcia-Llano non foron quenes de amañar en beneficio dos veciños en mais de 14 anos.
Non soamente iso, senón que se un grupo de amigos quere xuntarse para facer algo de deporte en horas máis ou menos normais en Burela, sen estar federado, e non tes opción algunha. Esta xente ten o mesmo dereito ca o resto a practicar a súa afección nunhas instalacions de calidade.
Dende CxG propoñemos a creación de diversas pistas en naves así como habilitar fincas valeiras, sen gastarnos 7 millóns de € dos que non dispón o Concello.Temos intención de crear unha pista de ‘Skate’ profesional de última xeración e unha pista de ‘pump track’ para os veciños.
Non nos podémonos esquencer tampouco da terceira edade, que se ben ten parques para o seu mantenimento, cando chove non teñen onde practicar.
É responsabilidade do Concello darlle estas opcións á veciñanza, que é un investimento en saude e benestar.
De novo atopámonos cunha mala xestión municipal, mais preocupada de condonarlle preto de 180.000 € en taxas a unha empresa construtora ca en empregar ditos cartos en crear infraestruturas deportivas para vos seus veciños e veciñas.
Jose luis moñita

Exit mobile version