Os técnicos de Emerxencias Sanitarias critican as explicacións dadas no Faro de Vigo, polo Director do 061 José Flores, na cal asegura que os recortes no servizo débense a unha modernización, “ninguén se pode crer que 3 traballan mellor que 4”. A Ambulancia Medicalizada da Mariña leva 9 anos traballando e consideran que é un servizo consolidado, o director asegura que priorizase os traslados interhospitalarios, pero os técnicos lembran que a SVA da Mariña no total de servizos o 70% do seu traballo son servizos primarios, é dicir que atendes as emerxencias na rúa como poden ser; paradas cardiorespiratorias, accidentes de tráfico e laborais, hipoglucemias, etc…
De feito polo motivo de realizar traslados en moitas ocasións a SVA atópase fóra da comarca e non está dispoñible para atender á poboación. Na devandita entrevista asegura que respectan os servizos que xa existían, os técnicos recalcan que mente reiteradamente pois este recurso leva 9 anos prestando servizo.
O persoal Técnico considera que os novos pregos para a contracción do servizo sanitario urxente discriminan á comarca da Mariña, que converten aos mariñáns en cidadáns de segunda, o 061 equivócase e despreza a unha comarca enteira.