Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños da provincia comparten no novo vídeo do PSOE porqué están Orgullos@s de ser de Lugo

 Lugo, 20 de maio de 2019.- O PSOE lanza un novo vídeo enmarcado na campaña Orgullos@s de ser de Lugo no que veciños de diferentes sectores da sociedade lucense explican porqué se senten orgullosos de ser da provincia de Lugo. Os socialistas animan deste xeito aos lucenses a compartir en imaxes ou vídeos os motivos do orgullo de ser de Lugo.

No vídeo aparecen funcionarios, refuxiados, avogados, políticos, enxeñeiros, mestres, médicos, executivos, traballadores na conserveira, na casa… no que expresan algún dos motivos polos que se senten orgullosos como “porque é unha terra marabillosa para vivir e desenvolver a túa vida, pola súa xente, por como acolleron á miña familia, pola intención de futuro, por ser a provincia onde nacín, porque está chea de contrastes, pola súa xente amable, porque vale a pena traballar por ela, polos veciños que están orgullosos do seu pasado, polo seu clima, pola tranquilidade, porque temos as mellores praias, pola calidade de vida…orgullosos de ser de Lugo”.

As persoas interesadas poderán participar pensando nun motivo, nun lugar, nun detalle, nun elemento ou sentimento que esperte o orgullo de ser lucense e publicándoo a través dun vídeo, unha foto ou un texto na súa conta de Facebook ou Instagram co hahstag #OrgullososdeSerdeLugo. O contido ten que ser público para que poida ser visible e saír nas redes sociais da web. Hai dispoñible máis información e un vídeo tutorial de como participar en www.orgullososdeserdelugo.gal

Exit mobile version