Site icon Crónica3.com A Mariña

VIA Alfoz pecha a campaña trasladando á veciñanza o seu programa de goberno

mde

Alfoz, 24 de maio de 2019. A candidatura de Via Alfoz pecha esta campaña electoral en contacto coa cidadanía, trasladando o seu programa de goberno. Desde VIA mostran o seu “agradecemento a todos os veciños e veciñas de Alfoz pola boa acollida que mostraron respecto ás nosas propostas”, polo que fan un balance positivo da campaña, indicando que “os veciños entenderon a nosa mensaxe polo que lles pedimos que nos dean a súa confianza para ter a oportunidade de liderar o futuro de Alfoz”.
Despois do peche da campaña, VIA Alfoz realizará unha xuntanza entre os membros da candidatura e os apoderados que representarán a VIA durante a xornada electoral, velando polo cumprimento da normativa legal e axudando, no que se precise, nas mesas electorais.
Desde VIA piden ao resto das candidaturas que o vindeiro domingo 26 sexa un verdadeiro acto de liberdade democrática e que a xornada electoral se desenrole con cordialidade.
A Dirección Executiva de VIA Alfoz quere agradecer o traballo de todos os membros da candidatura, así como dos militantes e simpatizantes, polo labor levado a cabo durante a campaña electoral. Xabier Pardiñas, candidato á alcaldía, resalta que “rematamos esta campaña orgullosos de poder conseguir a confianza dos nosos veciños sen descalificar a ninguén, cumpríndose o obxectivo principal de VIA de facer unha campaña en positivo” e pide aos veciños e veciñas de Alfoz “que confíen en VIA o próximo domingo como alternativa para liderar o próximo goberno municipal”.

Exit mobile version