Site icon Crónica3.com A Mariña

Vista Alegre acollerá a Final Four e a Copa Federación de baloncesto infantil masculino

 Burela 24-5-19. Burela será o escenario dunha festa do baloncesto de base esta fin se semana. O pavillón Vista Alegre acollerá a Final Four Infantil Masculina entre o sábado e domingo para dar paso á final da Copa Federación Infantil.

O Academia A Mariña CB Burela, como anfitrión e organizador, abrirá a cita o sábado, ás 11.00 horas, na fase de permanencia de Infantil Masculina Galega medíndose ao Río Ourense Termal. Ás 13.00 horas tocaralles a quenda a PBB Porriño e Syngenta Seis do Nadal.

A gran final decidirase na xornada dominical entre os gañadores dos anteditos duelos, a partir das 10.30 horas. A pugna polo título da Copa Federación será ás 12.00 horas, ente Peleteiro e Óptica Campelo Marín.

Exit mobile version