Site icon Crónica3.com A Mariña

“Voto por Burela”, por Manuel Rouco

Voto por Burela e fágoo coa convicción de que o tempo das boas palabras xa pasou. O presente e o futuro pertencen á garantía dos feitos e das certezas e non ó das promesas incumpridas.
Creo que a nosa vila se merece un alcalde que traballe día a día e non só no tempo de campaña. Penso que debe de estar amparado por un Partido que simbolice a xestión. Un Partido que sexa o verdadeiro motor inversor de Burela. Un Partido, con maiúsculas, que estea asociado a tódolos grandes proxectos e avances da historia do noso concello.
Un Partido que non bebe do oportunismo electoral. Que está ó servizo dos veciños e veciñas a diario. Un partido que sí teña realmente a capacidade para mover os orzamentos necesarios para as numerosas e obras que Burela precisa.
Este novo proxecto que encabezo sí pode facelo, e está composto por un grandísimo equipo de veciños e veciñas cunha extraordinaria preparación e que, verdadeiramente, si son representativos dos principais sectores produtivos, sociais e empresariais do noso pobo. Auténtico talento de Burela posto ao servizo desta.
Estes son algúns dos motivos polos que eu, o vindeiro 26 de maio, voto por Burela. Voto polo PARTIDO POPULAR.

Manuel Rouco

Exit mobile version