Site icon Crónica3.com A Mariña

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Barreiros felicita aos tres gañadores na fase provincial dos certames de Narración e Debuxo convocados en colaboración coa Biblioteca Provincial de Lugo. A felicitación fana extensiva a todos os rapaces e rapazas que gañaron na fase local do concurso

No apartado de Narración obtivo o primeiro premio na categoría B a nivel provincial, Fernando Seco Sánchez. Ademais logrou un accésit neste mesmo apartado Zaira Veiga Castosa. Tamén no apartado de Narración obtivo o segundo premio, na categoría A a nivel provincial, Iria López Boto.

Exit mobile version