Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Cultura de Lourenzá organiza unha escola de verán. Durante xullo e agosto desenvolverase o campamento Súper Chef, para nen@s de 3 a 12 anos

Lourenzá, 12 de xuño de 2019. O Concello de Lourenzá e o Centro de Formación e Ocio Kativ@s organizan para os meses de xullo e agosto o Campamento Súper Chef. Está dirixido a nen@s de 3 a 12 anos en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “nesta actividade preténdense contar coa colaboración do comercio local e de profesionais da hostalería. O Concello subvenciona o 50 por cento do prezo da actividade, sendo o custo final para as familias de 55 euros por nen@ e mes, cun desconto do 20 por cento a partir do segundo irmán. O prazo de inscrición remata o 26 de xuño e pode realizarse nas oficinas municipais ou na biblioteca do Concello”.

Manuel Arango engade que “tal é como aparecía no programa electoral dos socialistas de Lourenzá, as Escolas de Verán e de Nadal son unha das actividades que a Concellería de Cultura pretende por en marcha nesta nova lexislatura. A intención da Concellería de Cultura é que estas actividades saian a concurso a partir do próximo ano para que todas as empresas, legalmente constituídas, que o desexen, poidan presentar os seus proxectos”.

Exit mobile version