Estas axudas, dirixidas a 11 asociacións de toda a provincia, destínanse a sufragar gastos de tempada, nun total de 6 modalidades, ademais de dúas axudas para a organización de probas deportivas como son o Raid Gallaecia, que se celebrou o pasado mes de maio polos concellos da Mariña, e o curso de Monitor de Tiro con Arco do Club Castelarco.
Campos Conde tamén remarcou a importancia “do deporte feminino como xeito de potenciar a igualdade real, por iso mantemos unha colaboración coa sección feminina do Burela FS, un club que reflicte o bo facer neste ámbito creando referentes femininos no deporte, grazas aos seus logros”.
As novas axudas que o Executivo Provincial vén de asinar irán destinadas a:
Galorient Sport: 10.500 euros, para a realización do Raid Gallaecia.
Club de Tiro Castelarco: 950 euros, para a realización do curso de Monitor de Tiro con Arco no ámbito autonómico.
Club Estudiantes de Lugo (baloncesto): 55.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.
Club de Natación Portamiñá: 14.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.
Club de Birlos O Cadaval: 5.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.
Club Fluvial de Lugo: 15.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019 nas modalidades de tenis, natación, atletismo, orientación e piragüismo.
Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial: 18.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.
Club Baloncesto Sarria: 12.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.
Club Burela Fútbol Sala: 12.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019 da sección feminina.
Club Ribeira Fútbol Sala: 4.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.
Club de Piragüismo Cidade de Lugo 15.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.