Site icon Crónica3.com A Mariña

“A Mariña Somerxida”, o novo proxecto promovido polo GALP A Mariña Ortegal

 Viveiro 5-6-19. “A Mariña Somerxida”, é o novo proxecto promovido polo GALP A Mariña Ortegal e organizado por Maremasma.

A xornada A Mariña Somerxida acollerá diversas presentacións, charlas e foro de debate con expertos de prestixio sobre bioloxía, biodiversidade e conservación mariña. Ademáis falarase sobre arqueoloxía subacuática na Mariña Lucense. A xornada, que se celebrará o día 22 de xuño no CENIMA (Foz) serve ó mesmo tempo como evento inaugural da exposición de cincuenta instantáneas orixinais que fan que o visitante se adentre nos fondos mariños da costa de Lugo. O visitante viaxa máis alá da superficie dos nosos mares para descubrir un mundo incrible de especies únicas. Esta exposición será itinerante por tódolos municipios da mariña.

Especialmente hoxe, día internacional do medioambiente, pensamos que esta xornada preséntase como unha proposta innovadora que pon en valor a riqueza submariña da costa de Lugo.

Exit mobile version