Os cortes parciais, executaranse entre os puntos quilométricos 10+000 a 19+000, coa fin de manter a seguridade dos usuarios e do persoal que executa os traballos de mellora nesta vía coñecida como estrada da Gañidoira. A previsión é comezar na localidade de Merille (Ourol).
O tráfico circulará de xeito alternativo polo carril que non se vexa afectado polas obras, desvío que estará debidamente sinalizado, incluído con semáforos.
En todo caso, a execución dos traballos estará condicionada polas condicións climatolóxicas, xa que logo, as operacións de reforzo de firme deben facerse en tempo seco para garantir a súa calidade e durabilidade.