Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividade da piscina municipal de Viveiro durante os meses de xullo e agosto

Viveiro 24-6-19. A Piscina pechará do 29 de xuño ao 7 de xullo (a.i.) por razóns técnicas. Tras este parón, comezarán os cursos intensivos de “natación infantil” e “natación nenos”, que terán unha duración quincenal, cunha hora diaria, de luns a xoves, de 10:30 a 11:30 e de 11:30 a 12:30; ademais, durante o periodo estival manteranse as actividades de sala, con algunhas variacións no seu horario. As persoas interesadas en obter información poden poñerse en contacto coa Piscina Municipal a través do número de teléfono 982570610.

Exit mobile version