Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro destaca o traballo de Aspanane a favor da atención e coidado das persoas con discapacidade intelectual

Viveiro, 14 de xuño de 2019.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou hoxe en Viveiro o traballo da asociación Aspanane a favor da atención e coidado das persoas con discapacidade intelectual ao tempo en que incidiu na importancia da cooperación conxunta entre administracións e a sociedade civil para seguir avanzando no ámbito social.

Nese senso destacou o importancia de futuras colaboracións como a que permitirá o traslado da Escola Oficial de Idiomas ao vello colexio de Celeiro e o aproveitamento da sede actual para completar as instalacións de Aspanane e crear nese espazo unha nova residencia asistencial. Con todo, Balseiro tamén explicou que a colaboración da Xunta non se limita a este apoio futuro senón que é diaria no sostemento das prazas concertadas e das prazas de transporte dos usuarios do centro ocupacional e centro de día que Aspanane ten en Viveiro, unha colaboración que supera os 480.000 euros anuais de investimento.

Balseiro felicitou aos socios colaboradores e traballadores da entidade polo importante papel que desempeñan na sociedade mariñá, así como por esforzarse para mellorar día a día a calidade de vida dos usuarios e das familias. Así o explicou este venres polo noite na gala de confraternidade que celebraba este colectivo.

Exit mobile version