Site icon Crónica3.com A Mariña

BNG e PSOE chegan a un acordo. Ana Ermida será alcaldesa

Barreiros 14-6-19. O Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista asinaron nesta tarde un acordo de investidura para o pleno que se celebrará mañá ás 12 da mañá.

No acordo asinado, o BNG comprométese a integrar á concelleira socialista no goberno, como responsable da concellería de servizos sociais, integrándose na Xunta de Goberno Local e ostentando a segunda tenencia da alcaldía. Para desenvolver estas funcións, contará con unha dedicación parcial por un importe de 12.600 euros brutos anuais. Pola súa parte, a concelleira do PSOE garante o voto favorable á candidatura de Ana Ermida como alcaldesa.

No acordo tamén se recolle que a alcaldía contará con unha dedicación exclusiva con un salario de 29.000€ brutos anuais. Desde o BNG sinalan que “tendo en conta a delicada situación económica, acadamos o compromiso de non incrementar os gastos salariais do goberno e, nese sentido, a suma das dúas dedicacións previstas mesmo será lixeiramente menor que o do alcalde saínte.”

No acordo tamén se recolle que a alcaldía contará con unha dedicación exclusiva con un salario de 29.000€ brutos anuais. Desde o BNG sinalan que “tendo en conta a delicada situación económica, acadamos o compromiso de non incrementar os gastos salariais do goberno e, nese sentido, a suma das dúas dedicacións previstas mesmo será lixeiramente menor que o do alcalde saínte.”

Desde o BNG manifestan que “a nosa prioridade estaba clara: responder ao mandato dado pola veciñanza o 26 de maio e desaloxar do goberno de Barreiros ao Partido Popular e a Alfonso Fuente. E con ese horizonte amosamos xenerosidade pensando no ben xeral do concello e na posibilidade de abrir unha etapa nova para Barreiros, na que o caciquismo e o amiguismo deixen paso á democracia, á transparencia e á igualdade entre as veciñas e veciños.”

Ademais diso, as formacións comprometeronse a lealdade programática para poñer en marcha medidas que consideran de máxima importancia, como a realización dunha auditoría, as xestións para a dotación dun centro de día, a revisión de contratos e convenios, a mellora da rede de saneamento existente e o comezo onde non existe, así como dos sistemas de depuración, a elaboración dun plan de uso das praias, un plan de investimento e mantemento de vías ou a modificación da normativa para permitir a participación veciñal.

A formación nacionalista valora como “moi positivo” o paso dado para cambiar de goberno e afirma que “é unha mostra de responsabilidade chegar a un acordo que garanta a elección do goberno que a xente elixiu nas urnas. Non podíamos permitir que o Partido Popular seguise ostentando o goberno nin un día máis, polo ben do noso Concello.”

Exit mobile version