Site icon Crónica3.com A Mariña

Edmundo Maseda: “Traballaremos nos próximos 4 anos para que O Valadouro sexa un Concello con futuro e oportunidades”

 O Valadouro, 15 de xuño de 2019.- O Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, tomou este sábado posesión como rexedor do Concello. Fíxoo tras ser o PSOE o partido máis votado nas Eleccións Municipais, con 490 votos, acadando 4 Concelleiros na corporación municipal.

O actual Alcalde socialista agradeceu a confianza e o apoio dos veciños e subliñou que “durante os próximos 4 anos traballaremos para que O Valadouro sexa un Concello con futuro e oportunidades, onde as familias queiran vivir aquí e desenvolver o seu proxecto de vida porque teñen todos os servizos básicos. Elaboraremos medidas próximas aos veciños e que atendan as súas demandas, dentro do nosa folla de ruta socialista”.

O rexedor quixo agradecer ao BNG o seu apoio para ser investido como Alcalde e salientou que “no fundamental somos 2 partidos con ideas moi semellantes e estou convencido que imos entendernos perfectamente co único obxectivo de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”.

O Alcalde do Valadouro estará acompañado no equipo de Goberno polos Concelleiros do PSOE, Josefina Geada Losada, Iago Fernández Pena e María Mon Geada.

Exit mobile version