Site icon Crónica3.com A Mariña

Elba Veleiro: “hoxe é un día histórico para a democracia. Entre todos os veciños conseguimos que pasase”

 Vilalba, 15 de xuño de 2019.- A socialista, Elba Veleiro, destacou que “hoxe é un día histórico para a democracia. Entre todos os veciños de Vilalba conseguimos que sucedera, que o cambio de goberno fose unha realidade”. Afirmouno na toma de posesión como Alcaldesa de Vilalba que tivo lugar este sábado no Concello tras gañar as Eleccións Municipais. O PSOE acadou 8 dos 17 Concelleiros que integran o pleno da corporación despois de ser a forza máis votada con 3.703 votos, 600 máis que nos anteriores comicios.

“Quero dar as grazas aos veciños de Vilalba que se sumaron ao cambio, a través dun proxecto claro e decidido como o do Partido Socialista. Comeza un tempo novo, deixando atrás os anos en branco e negro do PP. É o momento de mirar cara adiante, ao futuro. E o faremos cunha xestión transparente e fomentando a participación dos veciños, traballando de xeito responsable e tendendo a man a todos os grupos políticos”.

A actual rexedora socialista subliñou que estes resultados “corresponden a anos de dedicación e esforzo por parte de moitos compañeiros de partido que sempre creron nun Concello máis aberto e igualitario, da man do PSOE”. Elba Veleiro tamén tivo palabras de agradecemento para os Concelleiros de Vilalba Aberta que co seu apoio permitiron que a socialista sexa a rexedora do municipio.

A recente Alcaldesa estará acompañada no Goberno Municipal polos Concelleiros socialistas, Rodrigo Pavón Prieto, Marta María Rouco Seoane, Luis Fernández Álvarez, Vanesa Siso Calvo, Ignacio Criado Montenegro, Antía Rama Rivas e Xosé Teixeiro Pérez.

Exit mobile version