Site icon Crónica3.com A Mariña

Lino Rodríguez toma posesión como Alcalde de Pol “tras demostrar con feitos que se pode mellorar a calidade de vida dos veciños”

 Pol, 15 de xuño de 2019.- O Alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, tomou posesión este sábado como rexedor do Concello. Fíxoo tras os resultados das Eleccións Municipais nas que o PSOE conseguiu o 70% dos votos, cun total de 830 escanos. Isto permitiu que os socialistas acadaran a maioría absoluta obtendo 7 dos 11 Concelleiros que integran o Pleno da corporación municipal.

Lino Rodríguez agradeceu o apoio maioritario dos veciños e subliñou que “demostramos con feitos que se poden mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Por exemplo, conseguimos abrir a tan ansiada residencia para os maiores do noso Concello, cumprindo coa palabra dado aos veciños”. Neste eido, o Alcalde salientou que neste novo mandato “estaremos ao pé de cada casa, ao igual que nestes 12 anos, coñecendo as demandas dos veciños e esforzándonos por atendelas o antes posible”.

O rexedor actual estará acompañado no Goberno Municipal polos Concelleiros socialistas, Marina Ramudo Graña, José Luis Ramudo Andión, Ana Belén Seco Morado, Sonia Cervantes Rivas, Cesar Valiña Irimia e Carmen Paz Rodríguez.

Exit mobile version