Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo acolle este sábado a 3ª edición da Noite Romántica

Mondoñedo, como un dos pobos maís bonitos de España, acolle por terceira vez A Noite Romántica. Unha oda ao amor entre o patrimonio, a historia e a beleza. Esta cita naceu en Italia e actualmente tamén se celebra en localidades de España, Francia e Bélxica. Conta coa colaboración de distintos establecementos: A Tasca, Montero, O Porriño, O Rincón e O Petisco. O intre máis entrañable será ás 00h co bico simultáneo. Os visitantes ademais poderán participar no concurso de Instagram que premiará as tres mellores instantáneas que capten o espíritu desta cita.

Exit mobile version