Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Lugo B Acada o triunfo na Copa Deputación Infantil de Fútbol 2019

 Lugo 8-6-19. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou na entrega de trofeos da final da Copa Deputación de Fútbol 2019 na categoría Infantil. Un partido que enfrontou ao CD Lugo B contra a SD Ribadeo, no campo da Mina da Pontenova, e no que os lugueses impuxéronse ao equipo mariñán. Campos Conde destacou “a importancia que ten a Copa Deputación a hora de crear sinerxias entre os equipos de base da provincia, unha competición que vai máis alá do fúbol. Grazas a este torneo moitas localidades poden desfrutar das promesas do fútbol lucense ao tempo que dinamizamos a vida dos concellos co desprazamento dos equipos e de afeccionados”. Todos os xogadores, así como o equipo arbitral, recibiron medallas como recordo do seu bo facer durante toda a competición.

Exit mobile version