Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha este venres e sábado a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos

Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 60 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Esta é unha das edicións máis concurrida en canto ó número de locais participantes de tódalas que se levan realizado. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, perfumería, beleza, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, librerías e papelerías, estancos, perruquerías etc.

Exit mobile version