Site icon Crónica3.com A Mariña

O festival Mar de Voces tivo lugar esta fin de semana no auditorio de San Cibrao, organizado pola asociación Mulleres de San Cibrao en colaboración co Concello

Nesta primeira edición contou coa participación do grupo local A Rebolaxe e do coro tradicional Cantares do Brión. Desde a asociación queren agradecer tanto aos grupos como ao público asistente a súa participación neste evento que nace coa idea de consolidarse no tempo, co fin de que sexa unha data marcada no calendario; “cada segundo fin de semana do mes de xuño pretendemos celebrar o festival Mar de Voces, co obxectivo de que poida ser un punto de encontro da cultura galega e o escenario de diferentes grupos locais e tamén doutros puntos de Galicia que queiran compartir o seu talento con nós en San Ciprián”, precisaron.

Exit mobile version