Site icon Crónica3.com A Mariña

Recta fina da tempada laranxa

 Burela 25-6-19. As Xoias Laranxas xa están na recta final antes das vacacións, con viaxe tras viaxe. Marín, no Torneo Antonio Suárez, foi o destino da fin de semana para Cadetes e Xuvenís, co título de campión para os máis maiores, despois de impoñerse ao Movistar Inter nos penaltis, con 2-2 no tempo regulamentario.

Benxamín A e Alevín A tamén puideron gozar do Torneo de Betanzos a semana pasada e o Infantil desprazouse a Salamanca hai dúas.

Despedida co Heroes do Orzán

A base do Pescados Rubén Burela FS tomará o máis que merecido descanso estival co comezo de xullo co broche do Memorial Heroes do Orzán 2019, da Fundación Imdecum, participando nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil

Exit mobile version