Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata a liga Galega de Hockei patíns en liña

 Ribadeo 3-6-19. Este domingo púxose fin á liga Galega de Hockei patíns en liña cun remate de festa espectacular.
Por unha banda disputáronse as fináis de todas as categorías e por outra levouse a cabo, por primeira vez, a celebración de un all-star previo á entrega de premios.
Esta actividade novidosa foi un acerto, xa que se xuntaron os rapaces de todos os clubs para participar en probas de cross en circuito e lanzamentos de penaltis, nas que gozaron moito e se misturaron uns cos outros.
Os xogadores do equipo infantil Trasnos de Ribadeo recibiron o seu premio como subcampións de liga, o que premia o esforzo de todos eles. Sen dúbida unha tempada que os recarga de gañas de seguir cara adiante.
Pero para 4 destes xogadores aínda non remata aquí pois teñen pendentes 2 xornadas máis de tecnificación coa selección Galega na carreira por un posto para o campionato que se levará a cabo este ano en Lugo a finais de Xuño.
Unha mágoa que unha lesión lle impida ó quinto participante do club, Javier, participar nesta fase final.

Exit mobile version