Site icon Crónica3.com A Mariña

Viaxe a Francia do IES Perdouro de Burela

 Burela 15-6-19. O departamento de Francés do IES Perdouro de Burela con Karina Parga ao frente leva catorce anos organizando viaxes lingüísticas a Francia con intercambio incluido. Mais este curso programou para todo alumnado de 3º ESO unha viaxe cultural de cinco días por Francia. Participaron trinte e sete alumnos acompañados por tres profesores do centro educativo burelés.

A comitiva estivo un día en Poitiers e aproveitou para experimentar sensacións impactantes entre as atraccións máis sorprendentes de Europa no parque temático de Futuroscope. O espectáculo visual con proxeccións en 6K, atraccións con imaxes e vídeos en 3 dimensións foi o seu principal expoñente.

Logo o grupo de alumnos pasou catro días en París visitando os lugares turísticos máis emblemáticos como foron a Torre Eiffel, os museos do Louvre e d’Orsay, os Campos Eliseos, o paseo en bateau-mouche, o barrio de Montmarte e a basílica do Sagrado Corazón entre entros. Tamén houbo tempo para visitar a castelo de Versailles, os seus xardíns e os seus palacetes e terminar a estancia en Francia cunha guinda máis lúdica en Disneyland.

Foi unha viaxe onde o alumnado aprendeu in situ sobre cultura, historia e xeografía francesa. As viaxes son outra maneira de dar clase que teñen os seus froitos.

Exit mobile version