Site icon Crónica3.com A Mariña

A Delegacion de Deportes informa que se restableceu o pleno funcionamento dos tres vasos das piscinas municipais do Complexo “Viñas da Veiga”

De maneira provisional se inhabilitaron dous esta fin de semana ante a falta do terceiro socorrista que a pesar de terse cuberta a oferta de emprego non chegou a acadarse a contratacion por desistir un dos aspirantes, o que provocou esta situación. O Concello de Mondoñedo lamenta os trastornos ocasionados que tamén se intentaran compensar e agradece a compresión dos usuarios das piscinas así como a dispoñibilidade do persoal técnico do Concello que sempre adopta as decisións priorizando a seguridade das persoas por riba de todo

Exit mobile version