Site icon Crónica3.com A Mariña

A sala de exposicións das Antigas Carboeiras de Sargadelos acolle ata o 31 de xullo a exposición A Mariña Somerxida

 Cervo 11-7-19. A mostra A Mariña Somerxida foi inaugurada en Cervo. No acto participaron o rexedor, Alfonso Villares, e a e edil de Medio Ambiente, Mali Méndez; e que se pode visitar ata o 31 de xullo na sala de exposicións das Antigas Carboeiras de Sargadelos, de martes a sábado, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

A exposición fotográfica, obra de Hugo Fernández e Carlos Gil e única na Mariña Lucense, está composta por cincuenta instantáneas orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo. É unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría que pon en valor a biodiversidade somerxida.

O visitante poderá así coñecer a arte dos oficios mariñeiros e as diferentes formas de vida ligadas ao mar; a importancia dos seus recursos e os incribles habitantes do mesmo.

Pretende ser un referente para a concienciación e divulgación mariña; xa que para poder conservar o patrimonio natural e as especies únicas que temos nas nosas augas, primeiro é necesario coñecer o que vive somerxido na Mariña.

Exit mobile version