Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta non foi invitada á presentación da Feira do Bonito, unha exclusión que supón unha falta de respecto institucional

Burela, 23 de xullo de 2019. A Xunta de Galicia non foi convidada á presentación oficial da Feira do Bonito que tivo lugar esta mañá en Burela, unha exclusión que, desde a administración autonómica, entenden como unha falta de respecto institucional que racha o habitual protocolo que se viña observando nas últimas edicións.

Dáse a circunstancia de que a administración autonómica apoia economicamente a celebración desta festa, achega que se abona desde a súa declaración, en 1999, como cita de interese turístico galego. Nesta edición a Xunta achega de 7.500 euros, grazas ao convenio que a Consellería de Cultura e Turismo ten coa entidade financeira Abanca para o apoio destas citas que teñen a consideración de interese turístico galego.

Desde a Xunta lembran tamén que o feito de non cursar a invitación toma maior relevancia se temos en conta que a o informe elaborado polo Goberno galego foi un paso decisivo e imprescindible para que a Feira do Bonito de Burela acadase a recente declaración como cita de interese turístico nacional, que permitirá incluso incrementar o apoio económico que recibe.

De calquera xeito, desde a Xunta sinalan que, como sempre fixeron, poñen a disposición da organización da Feira do Bonito todos os seus medios para o caso de que teñan previsto realizar futuras presentacións desta cita, por exemplo ante os medios da provincia e na cidade de Lugo, como xa fixeron en Salamanca, neste caso tamén sen convidar a ningún representante da administración autonómica.

Exit mobile version