Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebración da chegada do verán na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña

 Burela, 31 de xullo, 2019. Este mércores foi día de festa na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña pois celebramos que chegou o verán. Para celebralo xuntámonos para facer unha comida no Restaurante O Noso Lar de San Cibrao. Chegou o tempo de disfrutar da praia, as festas da comarca e un merecido descanso.
Hoxe ademáis clausúranse dous programas moi importantes para a entidade: o Programa Coidando de Min III destinado a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e o Programa de Formación de Voluntariado en Saúde Mental III que permitiu formar a 2 persoas como voluntarias dentro da entidade.
Pero pese a que agosto é un mes de vacacións por excelencia os Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela e Ribadeo permanecerán abertos en horario de mañá e na Unidade Residencial de Cervo , o piso protexido para persoas con enfermidade mental e a vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental a atención seguirá a ser continuada. As actividades programadas para este mes de agosto terán un carácter máis lúdico, aproveitando o bo tempo e as actividades que se poden desenvolver na contarna.
Dende a Asociación “A Mariña” desexamos que todos que disfruten dun estupendo verán.

Exit mobile version