Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla informativa da Fundación Meniños en Viveiro

O vindeiro martes, 23 de xullo, ás 18:00 horas, na sala multiusos da casa do concello, a Fundación Meniños impartirá unha charla sobre o programa de adopcións especiais, que ten como finalidade a promoción da adopción de nenos, nenas e adolescentes que teñen dificultade para ver satisfeito o seu dereito a vivir en familia, explicando ás persoas que poidan estar interesadas en qué consiste este tipo de adopción e a labor de información, formación, orientación, acompañamento e apoio que dende a fundación se presta ás familias interesadas en participar neste programa.

Exit mobile version