Site icon Crónica3.com A Mariña

Con motivo da celebración das Festas do Carme, á última hora deste venres colocaranse dous semáforos no cruce que une a Avda Benito Galcerán coa Rúa Rego das Frores, habilitando dobre sentido de circulación ata o vindeiro luns

Así mesmo, establecerase unha restrición do tráfico rodado pola Avda de Cervantes o sábado 20 e domingo 21, en función das necesidades operativas para a montaxe dos escenarios, entre as 13:00 e 14:00 horas, aproximadamente, permanecendo o corte ata a finalización da verbena. Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.

Exit mobile version