Site icon Crónica3.com A Mariña

Entra en funcionamento no Concello de Foz unha pantalla de información metereolóxica, instalada na Rúa Valle Inclán

 Foz, 9 de xullo de 2019.- O alcalde de Foz, Fran Cajoto, supervisou a colocación e posta en funcionamento deste novo punto de información facilitado pola administración autonómica dentro do marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 e agarda que a información meteorolóxica ofrecida por este dispositivo sexa de utilidade para todos os veciños e visitantes de Foz.
Ubicada na rúa Valle Inclán, que baixa ao porto, dita pantalla servirá para informar á poboación dun amplo número de datos informativos de Meteogalicia como a calidade do aire, a temperatura da auga, ondas e mareas, duración das horas de luz ou para avisar de fenómenos meteorolóxicos adversos.

Exit mobile version