Site icon Crónica3.com A Mariña

Este luns, ás 17h, terá lugar a recepción oficial das dúas nenas saharauis acollidas por dúas familias de Viveiro dentro do programa Vacaciones en Paz

Faráselle entrega a cada unha delas dun agasallo. No acto estarán presentes, en representación do concello, a Alcaldesa e Victoria Baamonde Gómez, Concelleira de Servizos Sociais. O Concello leva décadas colaborando con este programa, que permite que a poboación saharauí infantil poida saír dos campamentos de refuxiados durante o período estival, no que alí se poden alcanzar os 50º; ademais, durante a súa estancia no noso país, teñen acceso a recoñecementos médicos, tratamentos ou unha alimentación equilibrada, foméntase a aprendizaxe do castelán e sirve para dar visibilidade á situación que sofren os nenos e nenas saharauis e as súas familias.

Exit mobile version