Site icon Crónica3.com A Mariña

María Loureiro afea ao PP que fagan das visitas de conselleiros e conselleiras, actos partidistas sen contar co Concello

Viveiro, 12 de xullo de 2019. Óscar Rodríguez, concelleiro do Partido Popular, adoita facer referencia ao seu talante de consenso e á súa preocupación buscando en todo momento o mellor para Viveiro, polo que quero solicitarlle que se aplique esa premisa a si mesmo e que lla faga entender aos responsables da Xunta de Galicia, pois cada vez que veñen a Viveiro parece que nos visitan como un órgano do Partido Popular, sen invitar nin avisar ao equipo de goberno e ao resto de partidos políticos.
Hoxe estivo en Viveiro a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e non houbo comunicación oficial ao respecto, como tampouco adoita habela cando vén o Delegado da Xunta en Lugo, pois unicamente nos avisan en contadas ocasións cando se fai imprescindible.
Na Xunta de Galicia deben entender que houbo unhas eleccións municipais e que os veciñas e veciñas de Viveiro decidiron que gobernásemos nós. O amor por Viveiro debe demostrarse, en primeiro lugar, mediante o respecto institucional que este equipo de goberno e a corporación municipal merecen, pois non creo que o voceiro do grupo popular poida considerar correcto que veña o delegado territorial e que se avise unicamente aos concelleiros do Partido Popular, sen avisar á Alcaldía, nin ao equipo de goberno, nin aos demais concelleiros da corporación, que tamén representan aos veciños e veciñas de Viveiro.
Cando algún representante da Xunta de Galicia se despraza a un concello gobernado polo Partido Popular, ese Alcalde ou Alcaldesa é invitado ao acto en cuestión e comparecen xuntos; iso é o mesmo que nós pedimos, pois a Xunta de Galicia non representa ao PP, representa a todos os galegos e galegas, aos que os votan e aos que non, e todos os alcaldesas e alcaldesas, todos os equipos de goberno e corporacións municipais merecemos o mesmo tratamento e respecto.
Por todo isto, gustaríame que o talante que tanto predica Óscar Rodríguez e as súas manifestacións referidas ao moito que quere a Viveiro sexan empregados para conseguir o respecto que, en primeiro lugar, se lle debe ao equipo de goberno e ao resto da corporación, elixidos polos veciños e veciñas.
Estamos encantado con calquera inversión que se realice en Viveiro e alegrámonos das obras que se viñeron anunciar hoxe, pois a estación de autobuses de Viveiro necesita un mellora, ten moitos anos e precisa unha actuación, pero creo que a Alcaldesa e os concelleiros debíamos ter coñecemento destas obras en primeira persoa e non a través dos medios de comunicación

A Alcaldesa-Presidenta,
María Loureiro García

Exit mobile version