Esta é unha versión dunha lenda… Unha máis de tantas que discorren polos vales e montes do Sor, que falan das orixes das parroquias, das santas e santos ligadas a elas, … Unha máis falando do que puido ser. O roteiro do sábado 20 de xullo vai a amosar o que son: a historia dos señores que quixeron levantar uns templos para o seu beneficio, os animais pétreos que hoxe falan da súa memoria, as esceas sobre as portas (nos tímpanos), as pinturas murais que viron a luz, a decoración das capelas, as inscricións descifradas,…
Co segundo roteiro sobre Arte Sacra, Nordés quere descubrir a riqueza do patrimonio local á poboación. A primeira parada, ás 09.30 h., será na igrexa de Santo Estevo do Val, no Vicedo, reformada no século XVIII. Logo, achegarémonos a tres igrexas promovidas polo coñecido Fernán Pérez de Andrade, “o Bóo”, no s. XIV: San Paulo de Riobarba, Santa María de Cabanas e San Pantaleón de Cabanas.
Bernardo Penabade, filólogo, guiará un roteiro no que contaremos co bo saber de Clotilde Lemoine, restauradora; F. Javier Martínez, arcipreste do Ortegal; Cristóbal Rivas, párroco do Vicedo; e Manuel Salgueiro, membro do consello parroquial do Vicedo.
A actividade é de BALDE e acabará ás 14.30h. As persoas non asociadas deben abonar 3€, para aquelas asociadas a actividade é de balde.
Cara as 15.00h. haberá un xantar no Restaurante O Remo no Vicedo composto por ensaladilla, ensalada de pasta, cachena con patacas e postre. Para asistir é preciso reservar prato no 653756454 (Ricardo) ou repostando a esta mensaxe. O menú ten un custe de 15€/persoa.