Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Deportivo Burela recibe 87.700 euros do programa de patrocinio de equipos de alta competición da Xunta

 Burela, 4 de xullo de 2019.- O Club Deportivo Burela recibe un total de 87.700 euros do programa de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia para o exercicio 2019, que impulsa a Xunta de Galicia a través da Fundación Deporte Galego en colaboración con Abanca.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, lembrou que este ano incrementouse a partida dedicada a patrocinios, o que posibilita “que os apoios para o Club Deportivo Burela medren nun 31% con respecto á contía da pasada campaña”.

Balseiro sinalou que os equipos feminino e masculino de fútbol sala de Burela son os principais beneficiarios por estas achegas na provincia, “en boa medida grazas aos excelentes resultados que reeditan cada ano en competicións que esixen un gran nivel”.

Neste sentido, Balseiro destacou os éxitos do equipo feminino na primeira división, co recente triunfo na Copa da Raíña, e valorou o regreso do equipo masculino á máxima categoría do fútbol sala nacional logo de proclamarse vencedores da segunda división.

A Xunta, engadiu Balseiro, “apoia o labor fundamental que desenvolve este club, promovendo a práctica do deporte e acadando importantes logros, que sitúan a Burela no máis alto no panorama nacional”.

No conxunto da provincia, o programa de patrocinio de equipos de alta competición beneficia esta tempada a 18 clubs que reciben en conxunto 338.085 euros.

Exit mobile version