Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno local de Burela repite a nefasta xestión do servizo de socorrismo, di o BNG

Burela, 19 de xullo, 2019. Cando comezou a tempada estival, o señor Alfredo Llano anunciou públicamente que contarían con oito socorristas procedentes da subvención concedida pola Xunta de Galicia mais dous procedentes da Deputación de Lugo vía Plan Único. 

Semanas mais tarde o rexedor socialista volta a faltar a un dos seus compromisos, posto que non foi quen de que o concello completase esas prazas no servizo. “Como é posible que unha persoa vaia ó concello coa intención de traballar no servizo de socorrismo e lle digan que está fora de prazo cando aínda hai prazas por cubrir” sinalou Mario Pillado, voceiro do BNG en Burela, engadindo “trátase dunha resposta inadmisible para quen a recibe e para a veciñanza en xeral, porque se perde a oportunidade de mellorar o servizo”

Os nacionalistas califican esta problemática como recurrente, o que afasta os profesionais do noso concello

A nefasta xestión do goberno local con respecto ó servizo de socorrismo fai que existan profesionais de Burela a traballar nos respectivos servizos doutros concellos veciños. “A incertidume e lentitude nos procesos de selección xera unha total desconfianza nas persoas interesadas e este feito afasta ós profesionais do noso concello” comentou Pillado, quen engadiu que “se hai veciños e veciñas que se desprazan a outros concellos a traballar mentres queda parte do servizo sen cubrir no noso concello é porque a xestión é incompetente e incapaz de atraelos para o seu propio concello. Non hai ninguén que prefira ter que empregar un medio de transporte para traballar podendo evitalo”.

Para finalizar, os nacionalistas recordan que hai concellos veciños con mais kilómetros de praias e maiores necesidades que o noso que teñen completado o seu servizo de forma mais rápida e contando cunha subvención similar ou inferior por parte da Xunta de Galiza.

Exit mobile version