Site icon Crónica3.com A Mariña

O novo Goberno de Foz camiña ata o primeiro mes de mandato con paso firme e selando xa os seus primeiros obxectivos programáticos

 Foz 11-7-19. O equipo de goberno non agardou nin trinta días para comezar a cumprir o contrato coa veciñanza de Foz. Se a pasada semana eran as calles do centro de Foz as que volvían ao seu sentido de circulación tradicional, esta semana e cos primeiros días de calor a cidadanía recuperou un lugar emblemático de xuntanza como son os xardíns do Prado de Ramos na Praia da Rapadoira. Un recordo á historia do noso pobo sempre tan presente como referente na acción de goberno do executivo.
Vamos apostar pola cordura e a responsabilidade dos usuarios ampliando a actividade do areal aos seus espazos verdes limítrofes. Un turismo de calidade, pero para todos. Por conseguinte, vaise a traballar para evitar as acampadas o que non quita que se poida facer uso de útiles de praia como unha cadeira, unha toalla ou un parasol.
Aproveitamos ademais para pedir prudencia aos bañistas, pedindo respecto ás indicacións dos equipos de socorrismo e a uns hábitos saudables á hora do baño.
A carga de traballo para ter o municipio a tono en tempo récord é inxente pero vivimos nun pobo con altura que conta cun goberno forte e optimista de cara ao futuro.
Seguiremos cumprindo a palabra dada.

Exit mobile version