Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Foz, solicítalle ao goberno do PSOE e BNG a que renuncien á súa idea de municipalizar o servizo de augas, saneamento e depuración e prosiga co proceso de concesión xa avanzado polo anterior

Foz 22, de xullo, 2019. O partido popular de Foz, solicítalle ao goberno do PSOE e BNG mediante unha moción que se debatirá no próximo pleno ordinario correspondente ao mes de xullo a que renuncien á súa idea de municipalizar o servizo de augas, saneamento e depuración e prosiga co proceso de concesión xa avanzado polo anterior .
O portavoz Popular, Javier Castiñeira, recorda que “a concesión actual do servizo de Augas foi outorgada no ano 1992 polo goberno do Partido Popular por un período de 5 anos a favor da empresa Gestagua, e xa leva máis de 25 anos xestionando este servizo por culpa de que os gobernos socialistas prorrogaron un total 20 anos ese contrato inicial en 2 ocasións”, as dúas veces por 10 anos sen que mediase concurso algún.
Na última prórroga do 2007, os grupos da oposición do PP e o propio BNG, agora socio de goberno dos socialistas, queixáronse de que NON se fixera un novo concurso público para cumprir estritamente a lei de contratos e garantir un mellor servizo baixo un novo contrato con pregos actualizados e mediando unha obrigada competencia que fixera xustos tanto os prezos como a calidade do servizo, facendo caso omiso o daquela goberno socialista en maioria do Sr Rivera.
Señala Castiñeira, “ …que foi o goberno popular que él mesmo liderou, o que iniciou este proceso de transparencia e promoveu un novo concurso encargando os pregos a unha empresa de recoñecido prestixio, que calculase os custes reais e actualizados do servizo e que preparou uns pregos adaptados as necesidades do usuarios focenses e con elo volver á pulcra legalidade necesaria neste tipo de servizos, chamando sorprendentemente a atención o cambio de opinión do Psoe de Foz que despois de prorrogar 20 anos a Concesión agora aposte pola contraria, a Municipalización do servizo…”
Aclara o Portavoz popular que “….O pasado mes de Abril o anterior goberno levamos unha proposta para aprobación dos pregos do concurso para concesión do servizo de auga potable, saneamento e depuración redactado pola empresa Eptisa e a oposición en contra da opinión do Partido Popular, deixouna encima da mesa coa escusa de que a nova corporación municipal era a que tiña que decidir sobre o sistema de xestión do servizo, sabendo que con elo se ía retrasar un expediente que leva dende decembro de 2017 coa necesidade de ser renovado…”
Agora que existe un novo goberno e está iniciada a nova lexislatura remata o exrexedor que ”… é o momento de retomar este expediente, por iso solicitamos ao novo goberno bipartito do PSOE-BNG a que renuncie a súa intención de municipalizar a auga, posto que tal e como din os informes de Eptisa, encarecerían o servizo e acarrearía un problema na xestión directa ao propio concello que non ten medios materiais e humanos para realizalo nas mínimas condicións, prosiga co proceso que iniciou o anterior goberno, aínda que iso signifique un novo cambio de opinión do Psoe e Bng, que din unhas cousas na oposición e fai outras cando goberna, e que nos tememos sexa o que pase, unha lexislatura chea de CONTRADICIÓNS do goberno como fixeron coas dedicacións…”

Exit mobile version